Sada, pazo-torre de

Sada, pazo-torre de

Construción situada en Sada. Realizada en cachotaría, agás os ocos e as arestas que se fixeron en cantaría, o conxunto sufriu un incendio e algunha parte da primitiva obra non foi reconstruída. A súa orixe atópase na torre do s XV á que se engadiu un corpo rectangular, cunha escaleira exterior que dá acceso á planta nobre. Conserva un balcón de pedra erixido sobre ménsulas de granito. O recinto está amurallado e no portón hai un escudo.

Palabras veciñas

Sada | Sada | Sada | Sada, pazo-torre de | Sada, porto de | Sádaba | Sadat, Mu ammad Anwar al-