Sagartia
Sagartia
[ANIMAL]
Xénero de anemones, da familia dos sagártidos, da clase dos antozoos, cun disco sen ningunha outra orla máis ca a que forman os tentáculos externos. Son de talle grande (uns 90 mm), con columna maciza, cilíndrica e amarelada, e habitan xeralmente sobre as rochas e fendas onde se esconden algúns crustáceos anomuros.