Sagasta Escolar, Práxedes Mateo
Político e enxeñeiro. Participou como progresista na Revolución de 1854 e foi elixido deputado por Zamora. Loitou en 1856 contra L. O’Donnell Jorrís e tivo que exiliarse a Francia. Volveu pouco tempo despois e foi elixido novamente deputado. En 1863 adquiriu e dirixiu o diario La Iberia. Conspirou con Joan Prim i Prats e tivo que fuxir a Portugal, desde onde pasou a Reino Unido e a Francia. Preparou a rebelión dos sarxentos do cuartel de San Gil, en Madrid (1866), que fracasou, polo que foi condenado a morte en rebeldía, pero puido fuxir a Francia. En 1868 uniuse a Francisco Serrano Domínguez e foi un dos dirixentes do movemento revolucionario. Ocupou diferentes ministerios, entre eles o de Gobernación e o de Estado, entre 1868 e 1899, e presidiu o goberno en oito ocasións entre 1871 e 1902. En 1875 organizou o grupo constitucional, que refundou na asamblea de 1880 co nome de Partido Liberal-Fusionista, orixe do Partido Liberal. Estableceu con A. Cánovas o Pacto de El Pardo (1885). Á morte de Cánovas (1897), tivo que afrontar a guerra con EE UU e a liquidación do imperio colonial.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Torrecilla en Cameros, La Rioja -
Deceso
Lugar : Madrid