Sahagún

Sahagún

Municipio da provincia de León, Castela-León, situado na beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago (2.979 h [2001]). É un importante centro agrícola. O núcleo urbano formouse ao redor do mosteiro de San Benito. Do seu patrimonio cultural destacan tamén as igrexas de San Tirso, San Lorenzo e La Peregrina e San Pedro de las Dueñas, todos eles declarados BIC en 1931.