Sahel
Sahel
Rexión moi árida de África intertropical que se estende ao S do deserto do Sáhara, desde as costas do Atlántico ata o Mar Vermello. Constitúe unha zona bioclimática de transición entre a do Sáhara, ao N, e a de Sudán, ao S. Distínguese do Sáhara pola regularidade das chuvias de verán, que permiten unha certa vexetación esteparia con gramíneas, acacias espiñosas e baobabs.