Saint-Malo

Saint-Malo

Cidade do departamento de Ille-et-Vilaine, en Bretaña, Francia, situada na entrada da badía homónima (50.675 h [1999]). Constitúe un importante porto pesqueiro. A importancia que teñen as mareas (13 m) foi a razón pola que se elixiu para construír a primeira central de enerxía mareomotriz do mundo. Napoleón I Bonaparte fixo alí unha base naval.