Saint-Quentin
Saint-Quentin
Cidade do departamento de Aisne, na rexión de Picardie, Francia, situada na ribeira do Somme e no canal de Saint-Quentin (59.066 h [1999]). Predominan as industrias téxtiles, do caucho, construcións mecánicas e eléctricas. Destaca a colexiata, gótica (ss XIII-XIV), destruída en parte na Primeira Guerra Mundial.