Sainz Márquez, Manuel
Sainz Márquez, Manuel
Xogador e adestrador de baloncesto. Coñecido como Lolo Sainz, foi xogador do Real Madrid (1960-1968), co que conseguiu 7 títulos de Liga, 5 de Copa e 4 Copas de Europa, e internacional en 68 ocasións. Adestrou ao Real Madrid (1975-1989), e gañou 8 títulos de Liga, 5 de Copa, 2 Copas de Europa e 1 Copa Korac, e ao Joventut de Badalona (1990-1992) co que acadou 2 Ligas. Como seleccionador nacional (1993-2000) gañou a medalla de prata nos Campionatos Europeos de París (1999). posteriormente dirixiu a sección de baloncesto do Real Madrid (2003-2005).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Tetuán