Saínza, Nosa Señora da Mercede da

Saínza, Nosa Señora da Mercede da

Santuario situado en Rairiz de Veiga. A capela realizouse en 1721 e reformouse con posterioridade. No interior destaca o retablo maior, obra de Xerónimo Domínguez (s XVIII), coa imaxe de san Sebastián. O 24 de setembro ten lugar unha romaría en honor da Virxe e na que se celebra o encontro entre mouros e cristiáns.

Palabras veciñas

Sáinz García, María Jesús | Sainz Márquez, Manuel | Sainz, Lolo | Saínza, Nosa Señora da Mercede da | saio | saión | saiote