Saiz de la Hoya, Ramón
Saiz de la Hoya, Ramón
Realizador, guionista e produtor cinematográfico. Formouse como técnico de son na produtora UFA, en Alemaña e, posteriormente, integrouse no Departamento Nacional de Cinematografía, que realizou entre 1938 e 1941 o Noticiario Español, anos máis tarde coñecido como NO-DO. Ao longo de máis de tres décadas desenvolveu un importante labor no noticiario, grazas á especial relación que estableceu con Francisco Franco. Ademais, desde a súa produtora, Filmarte, realizou numerosas curtametraxes documentais, centradas moitas delas na cidade da Coruña: Petroliber (1964), La Coruña, ciudad en la que nadie es forastero (1965) ou Accesos a La Coruña (1971).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Rojas de Bureba, Burgos -
Deceso
Lugar : A Coruña