Sakharov, Andrej

Sakharov, Andrej

Físico. Fixo investigacións sobre física teórica e propuxo con Igor E. Tamm un método para obter reaccións termonucleares controladas mediante descargas eléctricas. Participou na construción da primeira bomba de hidróxeno soviética, pero posteriormente destacou polas súas protestas contra as probas nucleares e pola defensa dos dereitos humanos, ao mesmo tempo que fixo declaracións sobre a situación política e das liberdades na URSS. A causa da súa actitude disidente, foi detido en 1978 e en 1980, e deportado a Gor’kij, onde permaneceu ata 1986. En 1989 foi elixido deputado. Recibiu o Premio Nobel da Paz (1975).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Moscova

  • Deceso