Śakti*

Śakti*
s m [RELIX]

Personificación da forza ou enerxía activa dun deus, elevada tamén á categoría divina. Adorada baixo diversos aspectos como o mar, a esposa ou a noiva virxe, a miúdo asóciase ás formas do amor ilícito e tamén se identifica coas esposas terroríficas dalgún deus como Kali ou Durgâ. No tantrismo identifícase coa consorte de Shiva, que combina o masculino e o feminino universais e se identifica co U.

Palabras veciñas

Sakmariano | sakmariano -na | Sakon Nakhon | Śakti* | śaktismo | Śakuntala | Sakura