śaktismo
śaktismo
(< Śakti)
s
m
[RELIX]
Conxunto de cultos hindús que conciben a divindade suprema como feminina, baixo diversas formas, coa denominación común de Śakti. Xunto ao culto de Shiva, os śakta constitúen unha das seitas principais do hinduísmo. Os textos relixiosos referentes a estes cultos son os Śaktagama ou Tantra.