Saladino I
Saladino I
Sultán de Exipto (1171-1193) e de Siria (1174-1193). Fundador da dinastía aiúbida, sucedeu o seu tío Sīrkuh como lugartenente de Nūr al- Dīn, atabeg de Damasco. Á morte do califa al- ‘Ādid (1171) aboliu o califato fatimita e proclamouse sultán. Ao morrer Nūr al-Dīn, apoderouse de Siria (1174) e de boa parte de Mesopotamia e constituíu unha forte ameaza para o Reino Latino de Xerusalén. Convocada a terceira cruzada, chegou a un pacto polo que os cristiáns recuperaban a cidade santa ademais da franxa costeira de Tir ata Jaffa. Á súa morte os seus fillos e irmáns repartíronse o imperio.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Takr&# -
Deceso
Lugar : Damasco