salamándrido -da
salamándrido -da
(
-
adx
Relativo ou pertencente aos salamándridos.
-
s
m
[ANIMAL]
Urodelo da familia dos salamándridos.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Familia de urodelos de tamaño mediano, de corpo pouco alongado e lacertiforme, coas patas anteriores con 4 dedos e as posteriores con 4 ou 5, coa punta redondeada e sen membrana interdixital, cavidade bucal con dentes, fecundación interna, na terra ou na auga, xeralmente ovíparos e con metamorfose ou sen ela. Levan unha vida anfibia e hibernan en terra.