Salamanca, escola de
Salamanca, escola de
Grupo de xuristas e teólogos dos ss XVI-XVII vinculados á Universidad de Salamanca que crearon un corpo de doutrina sobre dereito natural, dereito internacional e teoría monetaria. Os seus principais integrantes foron Francisco de Vitoria, Melchor Cano e Juan de Santo Tomás. A raíz dos descubrimentos e da colonización de América desenvolveron un corpo de doutrina sobre dereito natural e o dos pobos que constituíu a base do dereito internacional.