Salamina

Salamina

Illa grega do Mar Exeo, situada no golfo Sarónico, no nomós de Ática (93 km2; 20.437 h [1981]). Independente na época homérica, foi posesión de Megara, e de Atenas no s VI a C. No seu territorio tivo lugar a Batalla de Salamina que, a finais de setembro de 480 a C, enfrontou a gregos e persas, que, aínda que superiores en número de efectivos humanos e de material bélico, foron arrasados polos gregos grazas á súa rapidez e á habilidade de manobra das naves no interior do estreito. Consérvase unha necrópole micénica.