Salamina
Salamina
Antiga cidade de Chipre, fundada polos gregos na costa oriental da illa. Colonizada cara ao segundo milenio a C, acadou o máximo esplendor baixo o reinado de Evágoras I (410-374 a C). Rica colonia xudía, foi o centro dunha revolta (116-117) na que os gregos foron practicamente exterminados e a cidade destruída. Reconstruída por Constancio II, foi novamente derruída polos árabes (648).