Salerno, principado de
Salerno, principado de
Territorio italiano que se estendía ata Tarento, a parte costeira da actual provincia de Salerno e boa parte da chaira de Campania. Foi separado do principado de Benevento en 847 e converteuse nun principado longobardo independente. No s XI comprendía case toda a Italia meridional despois de someter os ducados de Amalfi, Sorrento e Gaeta e o principado de Capua, e foi reducido a vasalaxe aos condes normandos de Pulla-Calabria. Como título feudal foi posuído polos Orsini, condes de Nola, e polos Sanseverino.