salesiano -na

salesiano -na

(< antropónimo san Franciscode Sales)

  1. adx

    Relativo ou pertencente a san Francisco de Sales, aos salesianos ou ás salesianas.

  2. s m [RELIX]

    Membro da congregación relixiosa fundada en Turín por san Xoán Bosco en 1859 como Sociedade de San Francisco de Sales. Recoñecida por Pío IX en 1864, as súas Constitucións foron aprobadas en 1874. Naceu coa finalidade de educar cristianamente á xuventude pobre. Estendeuse por toda Europa e América Latina e a primeira casa en España foi o colexio de Utrera (1881). A actividade salesiana foi moi grande durante o primeiro século da súa existencia a través das escolas populares e profesionais e os oratorios festivos.