Saleta, santuario da

Saleta, santuario da

Santuario mariano situado en Siador (Silleda). Trátase do primeiro santuario de España consagrado á Virxe da Saleta, fundado en 1865, e a única residencia que actualmente existe da Comunidade dos Misioneiros de Nosa Señora da Saleta, instalados aquí desde 1984. Xunto á igrexa atópase un centro de espiritualidade fundado en 1996. O 19 de setembro celébrase unha romaría en honor da Virxe.

Palabras veciñas

salesiano -na | Saleta | Saleta, casa da | Saleta, santuario da | Salford | salfumán | salga