Salgado

Salgado

Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de sinople, dúas torres de prata, colocadas en faixa, unidas cunha cadea, sumadas dunha aguia de ouro, que apoia unha pouta en cada unha das torres. Outra trae, en campo de goles, dúas torres de ouro, sostidas dunha terraza de sinople, sumada cada unha dunha pomba de prata, afrontadas e que pican nun saleiro de prata en forma de copa, colocado entre as dúas torres. Outra, en campo de sinople, unha pomba de ouro, surmontada dunha campá do mesmo.