Salgado, Sebastião Ribeiro

Salgado, Sebastião Ribeiro

Fotógrafo brasileiro. Licenciado en Economía (1968) e doutor en Estatística Económica (1971) en París, traballou en África para a Organización Internacional do Café (1971-1973). Alí decidiu dedicarse á fotografía nas axencias Sygma (1974), Gamma (1975) e Magnum (1979). Viaxou por Europa, América do Sur e África retratando en branco e negro a dignidade humana malia as miserables condicións de vida, a emigración ou a guerra. Cunha predilección polas poboacións marxinais, publicou Otras Américas (1986), Trabajadores (1992), o documental Terra (1997), Éxodos (2000) ou Migraciones (2000). Recibiu o World Press Photo (1985) pola serie Sahel: L’Homme en Détresse e foi o primeiro fotógrafo que obtivo o Premio Príncipe de Asturias das Artes (1998).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Aimorés, Minas Gerais