salicílico -ca

salicílico -ca

(< lat salĭce‘salgueiro’ + gr ὕλη ‘materia’)

  1. adx [QUÍM]

    Relativo ou pertencente ao ácido salicílico, aos seus derivados ou aos da salicina.

  2. ácido salicílico [QUÍM]

    Hidroxiácido carboxílico aromático que se presenta en forma de agullas incoloras de gusto doce que se volve amargo, solubles nos solventes orgánicos e pouco solubles na auga, que se funden a 159°C. Emprégase fundamentalmente na fabricación da aspirina e de diversos ésteres, e doutros derivados que tamén presentan actividade farmacolóxica.

  3. alcohol salicílico [QUÍM]

    Composto fenólico que se presenta na natureza en forma de glicósido en varias especies dos xéneros Salix e Populus. Emprégase en medicina para o tratamento tópico do reumatismo.

    Sinónimos: salixenina.
  4. aldehido salicílico [QUÍM]

    Líquido oleoso, incoloro, con olor de améndoas amargas, soluble en alcohol, éter e benceno, que ferve a 197°C. Emprégase como axente quelante na análise química, en perfumaría e na síntese da cumarina.

Palabras veciñas

salicilamida | salicilanilida | salicilato | salicílico -ca | salicina | sálico -ca | salícola