sálico -ca
sálico -ca
(< 1 salio)
-
adx
Relativo ou pertencente aos francos salios.
-
lei sálica
[HIST]
Disposición que excluía do trono as mulleres das familias reais e os seus descendentes. De orixe salia, rexeu en diversos reinos europeos durante a Baixa Idade Media e foi invocada por Filipe V de Francia cando morreu o seu irmán Luís X (1316). Filipe V de España introduciuna en España en 1713 e suprimiuna Fernando VII na Pragmática Sanción do 20 de marzo de 1830, feito que provocou a Primeira Guerra Carlista.