salicornia
salicornia
(
s
f
[PLANTA]
Planta do xénero Sarcocoronia, Salicornia e Arthrocneumm, da familia das quenopodiáceas. Son herbas anuais, articuladas, suculentas, con follas opostas escamosas, con flores pequenas e ternadas e con froitos en aquenio. Medran exclusivamente en solos de elevada salinidade. En Galicia están presentes a Sarcorcoronia perennis e Salicornia ramosissima, que se utilizan como antiescorbútica e contra o herpes e a sarna.