sálico -ca

sálico -ca

(< 1 salio)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos francos salios.

  2. lei sálica [HIST]

    Disposición que excluía do trono as mulleres das familias reais e os seus descendentes. De orixe salia, rexeu en diversos reinos europeos durante a Baixa Idade Media e foi invocada por Filipe V de Francia cando morreu o seu irmán Luís X (1316). Filipe V de España introduciuna en España en 1713 e suprimiuna Fernando VII na Pragmática Sanción do 20 de marzo de 1830, feito que provocou a Primeira Guerra Carlista.

Palabras veciñas

salicilato | salicílico -ca | salicina | sálico -ca | salícola | salicornia | Salicornia