salicilato
salicilato
(< salicílico- + -ato ‘sal’)
-
s
m
[QUÍM]
Calquera sal ou éster do ácido salicílico.
-
salicilato de fenilo
[QUÍM]
Sólido cristalino branco, de olor e sabor aromáticos, soluble nos solventes orgánicos e insoluble na auga, que se funde a 43°C e ferve a 173° C, a 12 Torr. Presenta unha forte absorción de luz ultravioleta na rexión de 290-330 nm, polo que se aplica como conservante de materiais sensibles á luz e como axente antisolar para bronceadores.
Sinónimos: salol. -
salicilato de metilo
[QUÍM]
Líquido oleoso incoloro que está presente nas follas de Gualtheria procumbens e na casca do bidueiro (Betulia lenta) que confire ás esencias destes vexetais o seu olor característico. Presenta acción antirreumática e emprégase no tratamento tópico das neuralxias.