salmonete

salmonete

(

  1. s m

    Peixe da familia dos múlidos que pertence ao xénero Mullus.

  2. salmonete de lama

    Peixe da orde dos perciformes, de entre 10 e 20 cm de lonxitude, co corpo comprimido, o fociño e a cabeza curtos, un par de barbelas na mandíbula e primeiro raio da primeira aleta dorsal moi curto. É rosa sen marcas nas aletas nin no corpo. Habita nas covas dos fondos litorais rochosos do Mediterráneo e do Atlántico temperado, como as augas de Galicia.

  3. salmonete de rocha

    Peixe de corpo alongado e comprimido, fociño lixeiramente alongado e primeiro raio da primeira aleta dorsal moi curto. Mide uns 25 cm e presenta cor vermella con marxes castañas preto das escamas e bandas amarelas nos lados. Habita nas covas dos fondos litorais rochosos do Mediterráneo e do Atlántico temperado, como nas augas de Galicia.