salomónico -ca

salomónico -ca

(< antropónimo Salomón)

  1. adx

    Relativo ou pertencente a Salomón ou á súa dinastía.

  2. s

    Membro dunha dinastía dos negus de Etiopia inaugurada por Yekuno Amlad (1270-1285), que defendía a súa descendencia do Rei Salomón e da raíña de Saba.

  3. xuízo salomónico [DER/HIST]

    Xuízo sabio e imparcial, incluso ríxido na súa imparcialidade, como o que lle fixo Salomón a dúas prostitutas que reclamaban como fillo propio un mesmo neno acabado de nacer.