Salon

Salon

Exposición organizada polos membros da Académie Royale de Peinture et de Sculpture desde 1667, no Salon d’Apollon do Musée du Louvre. Desde o s XIX apareceron varias exposicións rivais que foron restándolle prestixio e perdeu o apoio gobernamental a finais de século. A súa organización foi emulada noutros países ata a segunda metade do s XX, cando deron paso ás bienais.