Salt
Salt
Municipio da provincia de Girona, Catalunya (21.238 h [2001]). As actividades agrícolas e gandeiras son pouco importantes debido ao desenvolvemento industrial. Ademais do tradicional sector téxtil, iniciado a mediados do s XIX, hai industrias de alimentación, químicas, metalúrxicas e da construción.