Salt Lake City
Salt Lake City
Capital do estado de Utah, EE UU (181.743 h [2000]). É un centro comercial e cultural situado na vertente occidental da serra Wasatch e preto da beira SL do Gran Lago Salgado. Posúe refinaría de petróleo, industrias da fariña e químicas. Foi fundada como capital dos mormóns en 1847 por Brigham Young, sucesor de Joseph Smith, e sostivo un longo conflito co goberno federal de EE UU pola práctica ilegal da poligamia, ata que foi abolida (1890) e ata que o estado de Utah entrou na Unión (1896).