saltón -na

saltón -na

(< saltar)

  1. adx

    Que salta moito.

  2. adx

    Que sobresae ou que é moi prominente.

  3. [ANIMAL/ENTOM]
    1. s m

      Insecto da orde dos ortópteros incluídos en diferentes xéneros de familias moi diversas. Ten o corpo macizo de cores terrosas, as antenas curtas, o órgano estriduloso formado polos élitros e os fémures, o órgano timpánico no abdome e o oviscapto moi curto. Son fitófagos e de costumes gregarios. Algunhas especies son alimento humano para certas poboacións dos desertos africanos. O saltón marroquí (Dociostaurus marocanus) habita no N e no centro de África, no O de Asia, na Península Ibérica, en Italia, no S de Francia, en Hungría e nos Balcáns, onde é sedentario e provoca pragas non periódicas nos mesmos lugares que habita. O saltón migratorio (Locusta migratoria) habita en Europa central e meridional, onde é sedentario e non gregario, e no O de Asia, onde é gregario, emigrante e provoca estragos considerables. O saltón peregrino (Schistocerca gregaria) habita en África e no O de África. É dos máis nefastos para a agricultura. En determinados momentos os saltóns forman enxames constituídos por millóns de individuos que arrasan toda clase de vexetación e cultivos. Na actualidade as pragas son combatidas con insecticidas específicos en pos lanzados desde avionetas.

    2. saltón verde [Tettigonia viridissima, Fam dos tetigónidos]

      Insecto da orde dos ortópteros que acada ata 7 cm de lonxitude. É de cor verde intensa e ten unhas antenas longuísimas e filamentosas, máis longas ca o corpo, e o oviscapto longo, en forma de sabre. Habita entre as herbas e plantas cultivadas.

  4. s m [ANIMAL]

    marolo.

  5. s m [ANIMAL]

    Molusco bivalvo de menos de 8 cm de lonxitude que habita en zonas próximas á costa.