Salvado Rotea, Rosendo

Salvado Rotea, Rosendo

Relixioso beneditino. Formouse no seminario de Tui, en San Martiño Pinario e no mosteiro asturiano de San Juan de Corias. Coa desarmorización, marchou a Nápoles, onde foi ordenado sacerdote (1839), e marchou como misioneiro a Australia (1845), onde fundou a abadía de Nova Nursia e foi bispo de Vitoria (1849). Defendeu os aborixes australianos e rexeitou os bispados de Puerto Rico e Lugo. En 1860 trouxo a Galicia as primeiras sementes de eucalipto e acacia. Compuxo diversas pezas para piano e escribiu Memoria storiche dell’Australia, particolarmente della Missione Benedittina di Nuova Norcia (1853).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Tui

  • Deceso

    Lugar : Roma