Salvat i Ferré, Ricard

Salvat i Ferré, Ricard

Director teatral e escritor. Catedrático de Artes Escénicas da Universitat de Barcelona, en 1956 fundou en Barcelona, con Miquel Porter, o Teatre Viu. Doutorado en Filosofía en 1973, viaxou a Alemaña para cursar ciencias teatrais, socioloxía e filosofía. Está considerado unha das principais figuras no proceso de renovación das artes escénicas en España, especialmente en Catalunya. En 1960 fundou, con Maria Aurèlia Capmany, a Escola d’Art Dramàtic Adrià Gual, que dirixiu ata a súa extinción (1975). Na mesma época traballou en textos de Salvador Espriu ata convertelos en espectáculo, como Ronda de mort a Sinera (1965). Tivo unha longa traxectoria de dirección de proxectos como director do Teatro Nacional (1970-1972) e do Festival Internacional de Teatro de Sitges (1977-1986). Co Centro Dramático Galego dirixiu en 1991 a obra O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca. Publicou El teatre contemporani (1966) e El teatro moderno (1981). Recibiu o Premio Lorca e o Premio Nacional de Teatro.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Tortosa