Salyut
Salyut
[COSMON]
Serie de pequenas estacións orbitais da URSS, con misión científica ou militar, que entre 1971 e 1986 foron colocadas en órbita e se converteron no primeiro paso cara ao desenvolvemento das estacións orbitais permanentes. O lanzamento da estación orbital Mir (1986) foi a última das operacións do programa.