Sampedro Folgar, Casto
Musicólogo e historiador. Realizou estudos eclesiásticos en Tui, Ourense e Santiago de Compostela, onde tamén estudou dereito. Iniciouse na música tocando o órgano na igrexa parroquial de San Lourenzo de Trasouto (Santiago de Compostela). Impulsou a Sociedad Arqueológica de Pontevedra (1898), onde participou activamente con numerosas investigacións históricas e arqueolóxicas sobre o patrimonio pontevedrés, das que destacan Pontevedra antigua (1915-1916) e Vías romanas de Pontevedra (1920). En 1884 colaborou na creación da Sociedad de Folklore Gallego, grazas á que iniciou o seu traballo de campo para a realización do Cancionero Musical de Galicia. Para esta obra contou coa axuda doutros folcloristas como Tafall, Arana, Said Armesto, Valladares, Martínez Posse, U. Montes ou F. Santalices. En 1909 presentou a súa colección, que foi premiada pola Real Academia de San Fernando como a mellor recompilación de música popular das máis de doce presentadas. Contén muiñeiras, alalás, romances, cantos de arrieiro e outros ritmos da música tradicional galega. Cronista oficial da provincia de Pontevedra, foi o primeiro director do Museo de Pontevedra. Foi membro fundador da Real Academia Galega, membro correspondente da Real Academia de la Historia e da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Redondela -
Deceso
Lugar : Pontevedra