San Fernando

San Fernando

Municipio da provincia de Cádiz, situado ao fondo do golfo de Cádiz (88.073 h [2001]). Posúe estaleiros e industrias alimentarias, fábricas de armamento e construción naval e aeronáutica. As súas salinas son as máis grandes da Península Ibérica e é capital do departamento marítimo de Cádiz. Denominouse Isla de León ata que tomou o nome actual ao ser sede das Cortes de Cádiz de 1812. Destaca o castelo de San Romualdo (s XIV).