San Francisco, baía de

San Francisco, baía de

Gran baía da costa do Pacífico, situada en California occidental, EE UU. É un val fluvial mergullado, paralelo á liña de costa e conectado co Océano Pacífico polo estreito de Golden Gate, atravesado pola ponte homónima. Ten unha lonxitude de 97 km e unha anchura de 5 a 22 km, e constitúe un dos portos naturais máis espectaculares do mundo. Contén as illas Treasure, Yerba Buena, Angel e Alcatraz.