San Gottardo

San Gottardo

Macizo dos Alpes Centrais, en Suíza, situado ao NO do Ticino. Constitúe un nó hidrográfico importante, pois alí nacen o Ródano, o Rin, o Reuss e o Ticino. Comprende numerosos cumios de máis de 3.000 m. Entre 1872 e 1880 construíuse un túnel ferroviario de 14,9 km que une as estacións de Göschenen e de Airolo. En 1980 inaugurouse outro túnel para a circulación de vehículos, de 16,3 km de lonxitude.