San José

San José

Capital de Costa Rica e da provincia homónima (309.672 h [2000]). Situada na Meseta Central, entre os ríos Torres e María Aguilar, é o primeiro núcleo comercial e industrial do país. Destaca a maquinaria agrícola, as fundicións, o calzado, os produtos químicos, os materiais para a construción, os produtos derivados da agricultura e a produción de café. Tivo un crecemento desmesurado a causa da forte inmigración. Fundada en 1738, prosperou rapidamente grazas ao cultivo da cana de azucre e, sobre todo, do tabaco. Cidade desde 1813, converteuse en capital estatal despois da Batalla de Los Altos de la Laguna (1823). Durante a guerra civil de 1948, foi unha zona clave e a súa ocupación polas forzas rebeldes decidiu a guerra.