San Juan
San Juan
Capital de Puerto Rico (421.958 h [2000]). Situada ao NL da illa, a cidade primitiva está localizada nunha pequena illa coralífera, unida por varios puntos á costa interior. É unha cidade turística e o seu porto é un dos mellores das Antillas. Posúe refinaría de petróleo, industria téxtil, de tabacos e alimentaria. A súa fortaleza e o centro histórico da cidade foron declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1983).