San Juan

San Juan

Provincia do NO de Arxentina, na rexión Andina (89.651 km2; 620.023 h [2001]). A súa capital é San Juan. Están presentes dous sistemas montañosos de Arxentina: a cordilleira dos Andes e a precordilleira. O clima é árido e seco e os ríos caudalosos, os máis importantes son o Bermejo e o San Juan. A base principal da economía é a agricultura, e destaca o cultivo da vide, seguido do dos cereais.