San Lourenzo, golfo de
San Lourenzo, golfo de
Golfo da costa atlántica de Canadá, situado na boca do río homónimo, que cobre unha superficie acuática de 155.000 km2. Separado do mar aberto pola illa de Terranova e as provincias atlánticas de Canadá, comunica co estreito de Belle Isle, ao N, co de Cabot, ao S, e co de Canso, entre Cabo Bretón e a península de Nova Escocia.