San Lourenzo de Trives, casa de

San Lourenzo de Trives, casa de

Construción situada en San Lourenzo de Trives (A Pobra de Trives). En orixe tiña planta en forma de U á que se engadiu un corpo independente na fachada norte. Ten un patio interior cadrado con galería no piso alto. A parte máis antiga foi construída no s XVIII polo párroco Cristovo Vázquez de Caneda. O escudo alude aos Losada, Osorio, Vueltas, Feijoo e Quiñones.