San Pantaleón das Viñas, igrexa de

San Pantaleón das Viñas, igrexa de

Igrexa parroquial situada en Paderne. De orixe románica, construíuse a finais do s XII. Ten unha soa nave, pero non conserva a primitiva ábsida rectangular. Conserva a portada románica de dobre arquivolta de medio punto, apoiada en columnas acobadadas, e tímpano sen decoración,   apoiado en mochetas antropomorfas. Sobre ela sitúase un rosetón. Culmina nunha espadana de dous vans, construída posteriormente.