San Pedro de la Nave
San Pedro de la Nave
Igrexa situada en El Campillo (Zamora). De finais do s VII, foi construída en estilo visigodo. Ten tres naves, cruceiro e ábsida rectangular. No seu interior destaca a parte escultórica, con capiteis historiados dedicados a temas bíblicos, como Daniel en la fosa de los leones ou El sacrificio de Isaac, en baixorrelevo plano e decoración vexetal e animal. En 1930 cambiou a súa localización orixinal pola actual. Foi declarada BIC en 1912.