San Pedro del Pinatar

San Pedro del Pinatar

Municipio de Murcia, situado ao N do Mar Menor (16.678 h [2001]). É un porto pesqueiro, en que destaca a industria alimentaria e da construción. Tamén ten importancia como centro turístico e de interese ecolóxico polas súas salinas, onde son habituais os baños de lodo.