San Roque, hospital de

San Roque, hospital de

Construción situada en Santiago de Compostela. Fundado polo arcebispo Francisco Blanco en 1577 para acoller os enfermos de peste, foi obra de Gaspar de Arce e reedificouse no s XVIII. Conserva a capela de nave única e ábsida poligonal. Destaca a portada, estruturada nun arco de medio punto levantado sobre pilastras toscanas e rematada cun frontón triangular baixo o que se abren dúas fornelas coas imaxes dos santos Cosme e Damián. O claustro é dórico e ten catro arcos en cada lado.